Thursday 25 de April de 2024

O PP denuncia que pola mala xestión do goberno municipal de Cambre, agora tense que devolver á Xunta a subvención concedida para o servizo de atención temperá.


Desde o día 1 de marzo debería estar en funcionamento este servizo, do que a día de hoxe non hai nada, deixando desatendidos a 50 menores de 0 a 6 anos de Cambre e ás súas familias.

Diana Piñeiro, candidata á alcaldía polo Partido Popular de Cambre, manifesta, “Estou preocupada polo deixamento e pasividade demostrada polo concelleiro de educación Miguel Ángel Gutierrez, ante isto o Goberno Municipal debería actuar, o alcalde non pode e non debe lavarse as mans neste asunto tan grave”.

O Concello de Cambre non xustificou o funcionamento do servizo de atención temperá durante as convocatorias dos anos 2021 e 2022, polo que a Xunta reclamoulle a devolución dos importes abonados.

Desde o PP de Cambre solicitamos que o alcalde Óscar García Patiño asuma a súa responsabilidade e supervise a posta en marcha do servizo de maneira inmediata, non se pode permitir que ocorran estes feitos, as familias do noso Concello queren e necesitan ese servizo que levan demandando moitos anos e que por erros do actual equipo de goberno, seguen sen dereito á asistencia temperá.